agosto, 2019

Este é un evento repetitivo

24ago18:3023:30Rilla na RúaFESTIVAS E FEIRAS | De balde 18:30 - 23:30 Parque A Palma

Máis

Detalles do evento

Desde o venres 23 ata o domingo 25 de agosto chega ao parque A Palma, en Baiona, o ‘Rilla na Rúa’. Unha xuntanza de caravanas retro de foodtrucks que achegará gastronomía, actividades para os pequechos, obradoiros, música en vivo e markets.

A feira gastronómica itinerante máis importante de Galicia chega a Baiona esta fin de semana. Dende este venres ata o domingo, o “Rilla na rúa” instalarase no Parque A Palma da localidade.

Dez foodtrucks con diversas propostas gastronómicas e unha ampla programación pensada para todas as idades, fan do “Rilla na rúa”, dende hai tres anos, unha das citas imprescindibles do verán en Galicia. Miles de persoas de distintas localidades galegas gozaron xa da ampla programación de lecer que oferta esta feira.

Ademais dunha ampla oferta gastronómica, o “Rilla na rúa” programa distintas propostas: a música estará presente da man de distintos Djs e os concertos de grupos como Pega Negra (viernes), Algo pasa con Mery (sábado) y La Supersónic (domingo). Tamén haberá actividades infantís (obradoiros, pinta mandilóns, maquillaxe, estampación) e o Monkey Market, con dez postos no que se poñen á venda produtos de artesanía.

 

Hora

(Sádado) 18:30 - 23:30

Lugar

Parque A Palma

Av. Ramón y Cajal, 12, 36300 Bayona, Pontevedra

X