xullo, 2019

26xul23:00Rick AstleyCONCERTOS | Desde 8,00€23:00 Parque Castrelos

Máis

Detalles do evento

Rick Astley é un cantante británico de música pop, que alcanzou o seu maior éxito a finais da década de 1980. O seu maior éxito foi a canción «Never Gonna Give You Up», que na actualidade conta con máis de 550 millóns de visitas en Youtube.

En 1985, era o cantante dun grupo de soul chamado FBI, cando foi visto polo produtor musical Pete Waterman quen lle convenceu de mudarse a Londres para traballar nos seus estudos de PWL. Baixo a tutela do trío de produtores Stock, Aitken e Waterman, Astley aprendeu todo o proceso de gravación en estudo o que lle serviu como preparación para o lanzamento da súa carreira. Durante moito tempo a xente pensou que Rick Astley que saía nos vídeos limitábase a facer dobraxe das súas cancións. O seu irmán Mark Astley axudou a refutar estas afirmacións.

O seu primeiro sinxelo foi a pouco coñecida «When You Gonna» atribuída a Rick & Lisa, pero o seu primeiro éxito foi «Never Gonna Give You Up», de 1987, o cal se converteu nun éxito inmediato e chegou a ser o sinxelo máis vendido no Reino Unido ese ano. O álbum Whenever You Need Somebody que contiña a canción tamén chegou ao número uno en Canadá e o 12 de marzo de 1988 chegou ao número uno das listas norteamericanas xunto cun segundo número uno pola canción «Together Forever».

A canción « Never Gonna Give You Up», foi tomada como unha das máis mediáticas bromas da internet, cobrando o xa coñecido nome de Rickroll. A broma consiste en anunciar algunha ligazón ou contido extremadamente interesante, e unha vez pulsado aparecía nalgún momento o videoclip da canción (en ocasións tamén o de «Together Forever»).

Á súa vez, o mesmo Rick Astley fixo o seu propio Rickroll aparecendo por sorpresa no desfile do Día de acción de grazas de 2008 en Nova York. Cabe dicir que o Rickroll resucitou a memoria do cantante, devolvéndolle a fama e permitíndolle volver actuar despois de estar bastantes anos no esquecemento.

17 xullo Lauryn Hill
19 xullo Leiva
23 xullo Tom Jones
24 xullo Fangoria
26 xullo Rick Astley
– 27 xullo Coral Casablanca
29 xullo Roger Hodgson
1 agosto Thirty Seconds to Mars
2 agosto Vetusta Morla + Xoel López + Furious Monkey House
8 agosto David Bisbal

Nesta ligazón artigo e gráfica con todos os concertos do Vigo en Festas 2019 en Castrelos.

Hora

(Venres) 23:00

Lugar

Parque Castrelos

Av. de Castrelos, s/n, 36210 Vigo, Pontevedra

X