CIRCO DE NADAL
CAMELIAS NADAL

Ricardo Mella, «Plumazos» e outros trazos

18xan19:00Ricardo Mella, «Plumazos» e outros trazosACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) EMAO

Detalles do eventos

Presentación do facsímile de Plumazos (1911), folleto do anarquista vigués Ricardo Mella. O facsímile está publicado xunto cun texto de Sorpresa neste 2024 pola editorial Bastiana d´A Coruña, e contará coa presenza de: Daniel Palleiro, membro do grupo investigador de «Refuxios da Memoria» e editor de Bastiana; José Luis Mateo, investigador, escritor e cazatesouros vigués; Gonzalo Navaza, ilustre profesor multidisciplinar; Gabriel Reigosa, tataranieto de Mella e líder da banda Dakidarría; e a especialista na familia Mella, Iria SorPresa. Con todo, esta presentación irá máis alá do plano ideolóxico, tecendo música e arte, ao traer a Vigo unha pequena exposición de obras plásticas da descendencia do pensador anarquista en México, entre as cales se atopa o prototipo dunha porta tallada por un bisneto de Ricardo Mella para o famoso músico mexicano, Armando Manzanero.

Finalmente, informar que sinalar que o acto non se cinguirá á Escola de Artes e Oficios e continuará cunha picada en vinilo no Bar Ferry (Barrio Vello) da man de Coconut Selectah, Tropical Boy e Lakenobaila.

Máis

Hora

18 xaneiro, 2024 19:00(GMT+01:00)

Localización

EMAO

36201, Rúa de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events