REVISTA NADAL

Ricardo Formoso Quartet

01xuñ21:00Ricardo Formoso QuartetCONCERTOS | 12,00 €21:00(GMT+02:00) Vitruvia Café

Detalles do eventos

Volve o Bebop a Vitruvia e todo o que xurdiu posteriormente por mor deste movemento revolucionario que irrompeu en Nova York a partir dos primeiros anos corenta grazas ao talento de grandes músicos como Charlie Parker, Dizzy Gillespie e uns poucos máis. O jazz rápido, o ritmo, a improvisación e os sós instrumentais destes novos talentos afroamericanos engadiron novas posibilidades creativas ao Swing de big band que dominaba o jazz ata entón. O uso de acordes, en lugar da melodía, para as improvisacións, tocar moi rápido e encher o son con todas as notas que fisicamente se puidese foron as grandes características que dinamitaron as resistencias musicais que sempre aparecen cando irrompe algunha corrente artística moi innovadora. De todo o que se viviu musicalmente naqueles anos (tamén como unha resposta social á discriminación da minoría negra en Estados Unidos) nútrese hoxe o jazz actual alí onde se escoita e tócase. Ricardo Formoso á trompeta, Antonio López (Monano) ao piano, Óscar Rodríguez ao contrabaixo e Noli Torres á batería veñen a Vitruvia este próximo xoves 1 de xuño ás 21:00 h para demostrarnos a mocidade e vitalidade dun movemento que xa acumula algo máis de oitenta anos pero que, como todo o bo, só envellece por fóra.

Prezo: 12,00 € boa visibilidade, 6,00 € visibilidade reducida.

Máis

Hora

1 xuño, 2023 21:00(GMT+01:00)

Localización

Vitruvia Café

Praza de Compostela, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events