CONCERTOS CASTRELOS
DIA DE GALICIA

Revoltallo

15set(set 15)18:0017(set 17)21:00RevoltalloFESTIVAIS E FEIRAS | De balde18:00 - 21:00 (17)(GMT+02:00) Valladares

Detalles do eventos

A XXX edición do Festival Revoltallo celébase os días 15, 16 e 17 de setembro na carballeira do Pedregal, en Valladares, á beira do pavillón.

O cartel musical está formado por Pauliña, Liska, Lidia India, Archivo Adxunto, Ktulu, Minos, Calle del ruido, Kratos e Suevia e Pa ti na ma.

Programa de actividades para todos os públicos:

Venres 15 de setembro

18:00 h – Sabela e o Páxaro Máxico – Títeres e Contos a cargo da compañía Tarabelos.

19:00 h – Tarde Cabaretera con Marinita y sus Maromas. Un espazo de xogo cos roles de xénero, diversidade e o amor libre onde todo é posible.

Sábado 16 de setembro

12:00 h – Obradoiro

13:00 h – Concerto . The TwinPims, grupo de rock formado en Vigo en 2018.

16:00 h – Obradoiro de guitarra a cargo do Luthier Van Loo

17:30 h – Actuación do Mago Zanas

18:30 h – Obradoiro de Theremin impartido por Paulo Pascual. Instrumento musical electrónico intanxible.

18:30 h – Obradoiro de Ecopercusión con instrumentos procedentes de materiáis reciclados.

Domingo 17 de setembro

12:00 h – Obradoiro de gaitas e requintas co artesán Gonzalo Rodriguez Caride.

12:00 h – Actuación de Ollo, Lóstrego! mestura de estilos como o postrock, o rock alternatvo e o rock progresivo.

16:00 h – Actuación de Gonzalo Caride Banda, gaiteiro multinstrumentista e
compositor.

17:00 h – Obradoiro de percusión brasileira con Renato Alexandre.

19:00 – Actuación de Asacocirco Show, un espectáculo
para todos os públicos que nace da loucura e idiotez dos seus protagonistas, Mirroska e Juanito son os dous paiasos deste divertido mini circo.

Entradas: de balde

Máis

Hora

15 setembro, 2023 18:00 - 17 setembro, 2023 21:00(GMT+02:00)

Localización

Valladares

Valladares 36202 Pontevedra

Other Events