REVISTA ABRIL

ReVolta

11mar20:00ReVoltaESPECTÁCULOS | 10,00 €20:00(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Vigocultura programa 38 funcións de para todos os públicos con propostas de teatro, danza, circo, maxia e espectáculos para bebés. Desde o 27 de xaneiro e ata o 30 de abril no Auditorio Municipal de Concello.

Máis información sobre todos os espectáculos de Vigocultura 2023 aquí e no folleto online.

Entradas a través da web www.giglon.com e presencialmente na librería Libros para soñar. Poden adquirirse en packs de 5 ou 10 espectáculos con desconto.

ReVolta, Juanito y Filomena

Venres 10 e sábado 11, 20:00h

Teatro comedia. Galego. Adultos.

Autoría e adaptación: Cía. Juanito y Filomena
Dirección: Irene Moreira
Escenografía e vestiario: As dúas e punto
Deseño de son e música: Alejandro Gayoso
Deseño de iluminación: Álex Sobrino
Intérpretes: Rocío Romero e Arantxa Treus

Os primeiros prehistoriadores, que só eran homes, pensaron que nese período ocorría o mesmo que na súa sociedade, é dicir, que as mulleres eran inferiores aos homes. A peza é unha viaxe que cuestiona a nosa aprendizaxe facendo paradas nas iconas máis representativas para sometelas ás últimas teorías sobre a evolución humana ou guindar luz sobre os episodios máis escuros da nosa historia.

A través de escenas delirantes, as últimas achegas históricas que reconducen a visión machista que nos contaron. Entrevistando a Lucy (a primeira homínida), para coñecer de primeira man como era a sociedade paleolítica. Elena Francis, a voz da radio española da ditadura que lle servía ao réxime para instruír as mulleres. Todas estas paradas sen deixar atrás a teoría de Lynn Margulis, que demostrou que Darwin estaba errado, porén todas coñecemos o nome de Darwin e non de Margulis.

Para reseteármonos como humanidade igualitaria temos que revisar con mirada crítica o que xa sabiamos a través do humor, nunca desde a mala conciencia ou a culpa, senón dende un eido historicamente masculino: a comedia.

Máis

Hora

(Sábado) 20:00(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events