Revenidas en conserva

10set(set 10)20:00Revenidas en conservaFESTIVAIS E FEIRAS | Prezos varios20:00(GMT+02:00) Vilaxoán de Arousa

Detalles do eventos

O festival vilaxoanés celebrarase os próximos 10, 11, 12 e 13 de setembro nun formato reducido que combinará os concertos de pago de Sés, Zeltia Irevire, Ortiga e Dakidarría en acústico con actividades de balde vencelladas ao territorio e á cultura popular da zona.

O formato especial do festival para esta edición anunciou a semana pasada as súas actividades paralelas, que serán de balde, con inscrición previa necesaria e con aforo reducido. Neste mes de setembro, os escenarios Concello de Vilagarcía e Rías Baixas Fests acollerán os concertos de De Vacas + Cuernicornios (o xoves 10 a partir das 21h00) e Quico Cadaval + Monoulious DOP (o sábado 12 a partir das 13h00). O domingo 13 pola mañá terá lugar a habitual Gala de Circo Revenidas e, xa pola tarde, unha colaboración moi especial que se inicia nesta edición: a Gala Revenidas – Festivala, que o festival organiza en colaboración co Soño de Lilith. Esta colaboración entre Festivala e as Revenidas nace para reivindicar ás nais, ás avoas, ás mulleres que, en definitiva, foron e son conscientes de que o porvir se sustenta no coidado do próximo, e tamén para reclamar o seu saneamento, a protección do noso, a relación sustentable co medio, e a comunidade como fórmulas para construír futuro. Formarán parte desta Gala Revenidas – Festivala Lupe Blanco, Alba María, Suricar, Rebeca Santos e Aldaolado.

Agás o concerto de De Vacas, que terá un aforo de 500 persoas, a organización porá 250 localidades dispoñibles para cada unha das demais actividades. Quen estea interesado ou interesada en asistir xa pode reservar a súa de balde en www.revenidas.com. O Revenidas, deste xeito, conserva a súa esencia -sempre poñendo o foco nos artistas do país- para celebrar un evento reducido, tomando as medidas de seguridade necesarias e a prol dunha #culturasegura. 

Ademais, estas actividades de programación paralela aos concertos de pago complementarase con outras iniciativas relacionadas co territorio e coa cultura mariñeira da zona, showcookings con produtos galegos e concertos de bandas locais.

Alén disto, o Revenidas en conserva xa presentou nas pasadas semanas o cartel dos seus concertos de pago, que estará formado pola incombustible Sés e o folk e blues/rock de Zeltia Irevire o venres 11, que darán paso á cumbia adictiva de Ortiga e ás letras comprometidas de Dakidarría en acústico o sábado 12. As entradas para estes concertos xa están á venda en www.revenidas.com a un prezo de 15 € o abono e 10 € a entrada de día.

Máis

Hora

10 (Xoves) 20:00(GMT+02:00)

Localización

Vilaxoán de Arousa

Villajuan de Arosa, Pontevedra

Other Events