REVISTA OUTUBRO

Revelar, unha charla sobre fotografía

28set20:00Revelar, unha charla sobre fotografíaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+02:00) RioLagares Galería

Detalles do eventos

Este proxecto organizado polo Colectivo Latente, ten como obxectivo mostrar a obra de fotógrafos consagrados ou amateurs, coa presenza dos fotografas/os locais e presentación da obra de artistas nacionais ou internacionais.

Nesta primeira sesión darán a coñecer á fotógrafa Laia Abril, e a Roberto da Torre.

Laia Abril é o último premio Nacional de Fotografía. Descubriremos da súa obra e a súa biografía, mostrando e comentando as imaxes dos seus distintos proxectos. O xurado que lle outorgou o premio nacional sinalou que “tras documentarse en distintos puntos do planeta, Abril concentrouse en temáticas vixentes e que estruturan social e politicamente a discriminación, sobre todo das mulleres, así como o sufrimento individual e colectivo que relega a certas persoas como masa anónima á marxe da sociedade”.

O outro artista desta primeira sesión é Roberto da Torre, fotógrafo galego que destaca polo seu traballo documental ao redor das tradicións, os rituais e os cultos. O seu traballo non se concentra só en Galicia, senón que ademais explora as tradicións de Portugal e do resto de España. As súas fotografías sostéñense a través dun estudo antropolóxico e unha visión máis conceptual da fotografía documental. No seu traballo destaca a relación entre o humano e o sacro, entre o humano e o profano.

Máis

Hora

28 setembro, 2023 20:00(GMT+02:00)

Localización

RioLagares Galería

67PC+2F Vigo

Other Events