xullo, 2021

17xul20:00Retais teatrais en épocas viraisESPECTÁCULOS | De balde20:00 Auditorio CSCR de Beade

Detalles do eventos

O Grupo de Teatro Tarantela volve aos escenario do Auditorio CSCR de Beade dous anos despois para representar Retais teatrais en épocas virais, unha comedia dividida en sketches totalmente independentes que farán rir e pensar ao espectador.

Sketch 1: “Unha axudiña… por caridade”. Dúas amigas do alleo están a piques de rematar a súa misión nun pequeno fogar. De repente alguén peta na porta. Son tres monxas que buscan a caridade para axudar aos nenos máis desfavorecidos. As ladroas, disimulando, fanse pasar polas donas da casa, polo que lles convidan a todo o que elas piden. Finalmente, ven como as tres almas caritativas danlle a probar ás dúas furtivas da súa propia mediciña.

Sketch 2: “Tipos de matrimonio”. Inspirado nas matrimoniadas de Noche de Fiesta, tres parellas de diferentes
idades amosan ao público unha serie de rutinas que pode vivir calquera persoa na súa vida cotidiá. Adaptada aos novos tempos, un matrimonio homosexual, formado por dúas mulleres, realiza o papel de parella xoven, onde o amor é intenso. Os outros dous, convencionais, están formados por unha parella que leva 14 anos casados, onde xa non hai chispa entre eles, aínda que hai veces nos que se albisca a maxia, e, finalmente, o par que leva 40 anos compartindo cama, no que Cupido xa desapareceu hai moito tempo e a única vía que lles fai seguir convivindo xuntos é a de non sentirse sós, porque non saberían vivir o un sen o outro.

Máis

Hora

(Sábado) 20:00

Localización

Auditorio CSCR de Beade

Estrada Coutada, Nª42, C.P.: 36312, Vigo (Pontevedra)

X