>

13xuñ20:00 `Retablo do Esperpento´ESPECTÁCULOS | Taquilla inversa20:00(GMT+02:00) Auditorio Concello de Vigo

Detalles do eventos

Noitebras Teatro leva ao escenario Retablo do Esperpento, unha adaptación de dúas pezas de Ramón María del Valle-Inclán: Ligazón e Rosa de Papel. A compañía fusiona ambas obras nunha única proposta teatral que afonda nos temas da luxuria, a avaricia, a liberdade e o destino a través da estética esperpéntica do autor galego.

A historia sitúanos nunha familia de meigas na que unha moza trata de resistirse aos plans da súa nai e da súa tía, decididas a obter proveito dos favores dun home rico. A aparición dun humilde afiador e unha visión do futuro durante unha noite de luar levarana a tomar unha decisión que cambiará o rumbo da súa vida.

Hora

13 xuño, 2026 20:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Concello de Vigo

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events