21xuñ20:00`Retablo do Esperpento´espectáculos | de balde20:00(GMT+02:00) Atlántida de Matamá
Detalles do eventos
O Auditorio da SDC Atlántida de Matamá acollerá a representación de Retablo do Esperpento, a nova proposta de Noitebras Teatro, unha adaptación que mergulla ao público no universo
Detalles do eventos
O Auditorio da SDC Atlántida de Matamá acollerá a representación de Retablo do Esperpento, a nova proposta de Noitebras Teatro, unha adaptación que mergulla ao público no universo de Valle-Inclán a través da fusión de dúas das súas obras, Ligazón e Rosa de Papel. A historia sitúanos nunha familia de meigas onde intereses, ambicións, supersticións e pactos de sangue marcarán o destino dunha moza decidida a desafiar o seu futuro.
A compañía, formada por actores procedentes da Escola Municipal de Teatro de Vigo e outras escolas dramáticas da comarca, estrea con esta montaxe unha proposta que combina o espírito do esperpento cunha reflexión arredor do destino e da liberdade persoal.
Hora
21 xuño, 2026 20:00(GMT+02:00)
Localización
Atlántida de Matamá
Rúa dos Canteiros, 53, 36213 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xullo


