CASTRELOS 25

27xuñ21:00'Hibernarse', showcase de Fillas de CassandraESPECTÁCULOS | Con invitación21:00(GMT+02:00) MARCO

Detalles do eventos

Dentro da iniciativa Noite no museo co Fnac, o dúo vigués Fillas de Cassandra da a coñecer o seu novo EP, Hibernarse, e o proceso de creación do mesmo, en dúas presentacións exclusivas que terán lugar en Vigo e A Coruña. Concretamente, o showcase de Vigo será o 27 de xuño, ás 21:00 h, no MARCO.

A partir do luns, 23 de xuño, estarán dispoñibles as invitacións para asistir ao evento. Para solicitalas, as persoas interesadas deberán reservar o EP de Hibernarse nas tendas Fnac de Vigo. Haberá dous convites por disco e estarán dispoñibles ata o mesmo 27 de xuño (agás no caso de que se esgoten con anterioridade). Así mesmo, aqueles que mercaron o vinilo durante o período de prevenda teñen acceso a un cupo limitado de invitacións individuais.

Hibernarse é un proxecto multiformato e singular que versa sobre a construción social do tempo a través de distintas disciplinas artísticas. Un EP, un videofilme, un fanzine, unha colección de xoias (creada da man de Toda Frágil) e outras sorpresas -que se darán a coñecer nos showcases– conforman un universo no que María SOA e Sara Faro fan un chamado sobre a pausa necesaria que esixen os procesos creativos e artesanais.

Para botarlle unha ollada ao noso artigo sobre Hibernarse, preme AQUÍ.

Para ler as condicións completas ou acceder a máis información, preme AQUÍ.

Máis

Hora

27 xuño, 2025 21:00(GMT+02:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events