xuño, 2019

17xuñ18:00Representación teatral Espazo +60TEATRO | De balde18:00 Colexio Hogar Afundación

Máis

Detalles do evento

O Espazo +60 de Vigo de Afundación, a Obra Social de ABANCA, organizou varias representacións teatrais como peche do curso 2018-2019 no Colegio Hogar Afundación de Vigo. Estas representacións serán realizadas polas persoas socias que participan nos grupos de teatro. Serán os días 13 e 17 de xuño, de 18.00 a 20.00 h, no Colegio Hogar Afundación de Vigo (Filipinas, 6).

A entrada é libre ata completar a capacidade.

O xoves 13 de xuño a representación correrá a cargo do Grupo I de Teatro con tres obras de creación propia: La Vida, Se vende un asno e El convento de Santa Mari Juana.
O luns 17 de xuño a representación realizaraa o Grupo II de Teatro con dúas obras de creación propia: La escuela de Doña Paquita e O te renuevas o te renuevan.

Esta actividade enmárcase dentro do proxecto «O valor da experiencia» da Área de Envellecemento Activo de Afundación, que ten como finalidade ampliar as oportunidades de participación e de contribución social das persoas maiores, aproveitando o seu talento e a súa experiencia vital, a través de programas interxeracionais de voluntariado que beneficien a outros grupos de idade, neste caso, co fin de estimular o interese polo teatro.

Hora

(Luns) 18:00

Lugar

Colexio Hogar Afundación

Rúa Filipinas, 6, 36204 Vigo, Pontevedra

X