CANS

27mar20:30REPRESENTACIÓN DE 'CARTAS DE DESPEDIDA'ESPECTÁCULOS | De balde 20:30(GMT+01:00) Imaxinatea LAB Creativo

Detalles do eventos

Con motivo do Día Mundial do Teatro, o vindeiro 27 de marzo ás 20:30 en Imaxinatea volverase representar a peza ‘Cartas de despedida’, nun novo pase para todas aquelas persoas que desexen vela ou revisitala.

Durante a xornada realizarase a lectura da Mensaxe do Día Mundial do Teatro deste ano, escrita por Willem Dafoe. Calquera persoa interesada en participar nesta lectura, de maneira individual ou en grupo, pode comunicalo e a organización estará encantada de contar coa súa participación e coa súa posta en escena, que se preparará na escola.

Se alguén desexa representar algún traballo propio, o escenario estará á súa disposición.

Finalmente, presentarase a edición 2026 do Festival Teatral de Verán Imaxinatea, que terá lugar os días 19 e 20 de xuño no Auditorio Municipal de Teis, e que este ano conta con nove pezas diferentes de textos orixinais de teatro contemporáneo e clásico de Fernando Arrabal, José Sanchís Sinisterra, William Shakespeare…, así como adaptacións de contos clásicos da literatura infantil dos irmáns Grimm e Lewis Carroll. Ademais, levaranse á escena pezas de canto coral de musicais recoñecidos como “O Rei León”, “O diluvio que vén”, e traballo corporal de movemento escénico con técnicas de danza contemporánea.

Para poder organizar a actividade adecuadamente, será necesario confirmar a asistencia e facer reserva previamente.

Máis información

Hora

27 marzo, 2026 20:30(GMT+01:00)

Localización

Imaxinatea LAB Creativo

Plaza Francisco Fernández del Riego, Número 3, Local, 5C, 36203 Vigo, PO

Other Events