Regueifas

30ago20:45RegueifasESPECTÁCULOS | De balde20:45(GMT+02:00) Mercado de Teis

Detalles do eventos

A Regueifa é un desafío oral improvisado en verso cunha orixe que, debido ao seu carácter basicamente oral, se perde na noite dos tempos. A súa referencia máis próxima dinos que durante o banquete das vodas campesiñas era tradición que a parella ou a madriña da parella puxese a disposición das persoas non convidadas á celebración, un bolo de pan chamado “regueifa”. O xeito de ver a quen lle cabía o honor de repartir a regueifa era retarse dialecticamente en verso, meténdose entre elas e eles cos contraentes ou coas súa familia. Gañaba quen facía gala do maior enxeño e retranca.

Na actualidade a confrontación realízase normalmente por parellas sen que interveña no enfrontamento dialéctico ningunha outra persoa, aínda que é relativamente habitual que cando hai varios/as regueifeiros/as ao final participen todos/as nunha roda na que cada quen fai unha copla.

No Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo levamos dende o ano 2013 poñendo en valor esta arte de improvisar, formando novas e novos regueifeiros e transmitindo este patrimonio inmaterial galego.

Nestas actividades poderemos admirar a improvisación destas novas e novos regueifeiros que son acompañados por improvisadoras/es profesionais.

Duración: entre 45 e 75 minutos
ORAL de Galicia e alumnado do CIOV (Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo).

Mércores, 3 de agosto ás 20:45 no Calvario (fronte ao mercado/praza de abastos)
Sábado, 6 de agosto ás 20:45 na praza da Pedra
Venres, 26 de agosto ás 20:45 na praza da Independencia
Martes, 30 de agosto ás 20:45 en Teis (fronte ao mercado/praza de abastos)

Máis

Hora

(Martes) 20:45(GMT+02:00)

Localización

Mercado de Teis

Mercado, 36207 Vigo, Pontevedra

Other Events