REVISTA OUTUBRO

Regueifas

30dec11:30RegueifasESPECTÁCULOS | De balde11:30(GMT+01:00) Mercado de Teis

Detalles do eventos

A Regueifa é un desafío oral improvisado en verso cunha orixe que, debido ao seu carácter basicamente oral, se perde na noite dos tempos. A súa referencia máis próxima a nós di que durante o banquete das vodas campesiñas era tradición que a parella ou a madriña dos/as acabados/as de casar puxese a disposición dos/das que non foran convidados/as á celebración, un bolo de pan chamado ‘regueifa’. Ademais, a maneira de ver quen era a persoa á que lle cabía a honra de repartir a regueifa, molete ou biscachón entre os/as presentes era retarse dialecticamente entre eles/as, en verso, meténdose uns con outros, cos contraentes ou cos familiares destes, para ver quen facía gala do maior enxeño e mordacidade.

Na actualidade, os/as regueifeiros/as practícana de maneira esporádica cando son convidados/as por algún concello, algunha asociación cultural ou centro escolar para exhibir a súa habilidade en público. A confrontación realízase normalmente por parellas sen que interveña no enfrontamento dialéctico ningunha outra persoa, aínda que é relativamente habitual que cando hai varios/as regueifeiros/as ao final participen todos/as nunha roda na que cada quen fai unha copla.

Organizado por ORAL de Galicia e alumnado do CIOV (Centro de Interpretación da Oralidade de Vigo).

Para mocidade e público adulto.

Entrada de balde ata completar a capacidade

PROGRAMA NO NADAL, UN CONTO

Mércores 22
– 18h: ‘Antón e o Apalpador’ Barafunda (AV Casco Vello)

Xoves 23
– 11.30h: ‘As nosas árbores’ Diego García ‘Miudiño’ (Mercado de Teis)
– 11.30h: ‘Arrolos e cantos no colo’ Luis Prego (Auditorio Municipal do Concello)
– 11.30h: ‘O país da choiva’ Miguel Anzo Alonso Diz (AV A Miñoca)
– 12h: ‘Regueifas’ (Mercado das Travesas)
– 17h: Xornada de xogos de mesa con Brazolinda (Verbum)

Venres 24
– 11.30h: ‘Cantacontos Sons da batea’ Barafunda (Mercado do Progreso)

Domingo 26
– 12h: ‘Gran xogo das Letras Galegas’ Eduvía (Verbum)

Luns 27
– 11h: ‘En galego mola!’ Eduvía (Oficina Municipal de Distrito de Teis)
– 11.30h: ‘Paxariños’ Trinke Trinke teatro (Auditorio Municipal do Concello)
– 17.30h: ‘Antón e o Apalpador’ Barafunda (AV A Miñoca)
– 17.30h: ‘Contos de mazapán’ Nanda Misa (AV Casco Vello)
– 17.30h: ‘Paxariños’ Trinke Trinke teatro (Verbum)

Martes 28
– 11.30h: ‘Arrolos e cantos no colo’ Luis Prego (Auditorio Municipal do Concello)
– 12h: ‘Regueifas’ (Mercado do Calvario)
– 17h: ‘En galego mola!’ Eduvía (Pavillón do Romil)
– 17h: ‘Xincana científica’ (Verbum)

Mércores 29
– 11h: ‘Eira Xandobeleira’ Xandobela (CVC Valladares)
– 11.30h: ‘O país da choiva’ Miguel Anxo Alonso Diz (Casa da Xuventude)
– 11.30h: ‘Cantacontos Sons da batea’ Barafunda (Mercado do Calvario)
– 12h: ‘Regueifas’ (Mercado do Progreso)
– 17h: ‘ Eira Xandobeleira’ Xandobela (Verbum)
– 17h: ‘Xornada de xogos de mesa’ Brazolinda (Auditorio Municipal do Concello)

Xoves 30
– 11h: ‘Imos cantar o Nadal!’ Xandobela (AV Casco Vello)
– 11h: ‘Contos de mazapán’ Nanda Misa (Oficina Municipal de Distrito de Bouzas)
– 11.30h: ‘Animais artistas e outras cousiñas’ Iván Davila Grande (Mercado do Calvario)
– 11.30h: ‘Regueifas’ (Mercado de Teis)
– 17h: ‘Xincana científica’ Ceo Aberto (Verbum)
– 17.15h: ‘Imos cantar o Nadal!’ Xandobela (Oficina Municipal de Distrito de Bouzas)
– 17.30h: ‘O país da choiva’ Miguel Anxo Alonso Diz (Centro parroquial S. Xosé Obreiro)

Venres 31
– 11.15h: ‘Son no berce’ Cova das letras (Auditorio Municipal do Concello)
– 11.30h: ‘Periplo Atlántico’ Polo correo do vento (Mercado das Travesas)
– 12.30h: ‘Son no berce’ Cova das letras (Auditorio Municipal do Concello)

Domingo 2
– 12h: ‘Gran xogo das Letras Galegas’ Eduvía (Verbum)

Luns 3
– 11h: ‘En galego mola!’ Eduvía (CVC Valladares)
– 11.30h: ‘Eira Xandobeleira’ Xandobela (Oficina Municipal de Distrito de Teis)
– 11.30h: ‘Imos cantar o Nadal!’ Xandobela (Asociación de Comerciantes do Calvario)
– 16.30h: ‘Imos cantar o Nadal!’ Xandobela (AV Novo Vigo – Navia)
– 17h: ‘Xornada de xogos de mesa’ Brazolinda (Verbum)
-17.15h: ‘O país da choiva’ Miguel Anxo Alonso Diz (Oficina Municipal de Distrito de Bouzas)
– 18h: ‘O soño dos golfiños’ Urdime (Oficina Municipal de Distrito de Teis)

Martes 4
– 11.30h: ‘Animais artistas e outras cousiñas’ Iván Davila Grande (Mercado do Progreso)
– 11.30h: ‘Xincana científica’ Ceo Aberto (Auditorio Municipal do Concello)
– 11.30h: ‘Cantacontos Sons da batea’ Barafunda (Mercado das Travesas)
– 17h: ‘En galego mola!’ Eduvía (Pavillón deportivo de Bouzas)
– 17h: ‘Son no Berce’ Cova das Letras (Verbum)
– 18.15h: ‘Son no Berce’ Cova das Letras (Verbum)

Mércores 5
– 11.30h: ‘Cantos e contos de Nadal en familia’ Luis Prego (Casa da Xuventude)

Venres 7
– 17h: ‘Contos na lareira’ Iván Davila Grande (Auditorio Municipal do Concello)
– 17h: ‘Xincana científica’ Ceo Aberto (Verbum)
– 18h: ‘A voar’ Cé, orquestra pantasma (Oficina Municipal de Distrito de Teis)

Sábado 8
– 11.30h: ‘Cantacontos Sons da batea’ Barafunda (Mercado de Teis)
– 11.30h: ‘ Gran xogo das Letras Galegas’ Eduvía (Auditorio Municipal do Concello)
– 12.30h: ‘Arrolos e cantos no colo’ Luis Prego (Verbum)
– 17.30h: ‘En galego mola!’ Eduvía (Parque Nelson Mandela Navia)

Domingo 9
– 12h: ‘Gran xogo das Letras Galegas’ Eduvía (Verbum)
– 17.30h: ‘En galego mola!’ Eduvía (Parque Nelson Mandela Navia)

Máis

Hora

30 decembro, 2021 11:30(GMT+02:00)

Localización

Mercado de Teis

Mercado, 36207 Vigo, Pontevedra

Other Events