Detalles do eventos
O sábado 23 de agosto, celébrase a vixésimo sexta edición do Entroido de Verán de Redondela, unha das citas máis esperadas do verán. Nesta ocasión, o festexo ofrece
Detalles do eventos
O sábado 23 de agosto, celébrase a vixésimo sexta edición do Entroido de Verán de Redondela, unha das citas máis esperadas do verán. Nesta ocasión, o festexo ofrece un amplo e variado programa de actividades para todos os públicos. Haberá actuacións musicais en directo, espazos específicos para a cativada e unha Gala Drag (cun concurso incluído).
O cartel oficial é o seguinte:

Con respecto aos seus concertos, o Entroido de Verán aposta por artistas locais de renome que defenden a nosa cultura, identidade e lingua, entre outras:
19:00 h | Sesións dos DJs Kike Varela, Olalla Gonzálezz e Borja Rúa
20:30 h | Brais de las Hortas (infantil)
23:00 h | The Rapants
00:30 h | Carlos Jean
02:00 h | Sesións dos DJs Samu Pexe e Rodri Vegas
Pola súa banda, os máis pequenos da casa contarán con tres espazos propios: a pista da Xunqueira, a praza de Ponteareas e a praza da Torre; onde terán lugar diferentes actividades, espectáculos e xogos:
Pista da Xunqueira | Inchables con auga + festa da espuma
Praza de Ponteareas | Inchables con auga + xincana
Praza da Torre | Brais de las Hortas
Finalmente, ás 21:30 h comezará a xa consolidada Gala Drag. Esta vez, o actor e showman, Carlos Veleiro, será o mestre de cerimonias. Ademais, haberá 1.800 € en premios (*):
- 1º premio: 1.000 €
- 2º premio: 500 €
- 3º premio: 300 €
(*) Valorarase a orixinalidade, a creatividade e a elaboración das fantasías.
MAPA + HORARIOS DE AUTOBUSES


Hora
23 agosto, 2025 Todo o día(GMT+02:00)
Localización
Redondela
Paseo Xunqueira, s/n, 36800 Redondela, Pontevedra
Hoxe móvese
agosto


