Regalarte
Detalles do eventos
O CC Camelias inaugura ‘Regalarte’, unha exposición onde poderás adquirir produtos únicos para estas datas tan especiais. Os artistas que conforman a mostra son:
Detalles do eventos
O CC Camelias inaugura ‘Regalarte’, unha exposición onde poderás adquirir produtos únicos para estas datas tan especiais.
Os artistas que conforman a mostra son:
MARÍA FORTES BLANCO
Sensibilizada co malgaste de recursos naturais, medios e enerxía, a meirande parte das obras están realizadas con pezas variadas que recicla, recupera ou rescata do esquecemento, e que xeralmente son o reflexo de vivencias, inquietudes, angustias, así como o desexo dunha ardua evolución do ser humano que contemple o respecto polos seus conxéneres, polo resto de seres vivos e polo planeta en se mesmo. Tras de si conta con exposicións en París, diversas salas do pais luso , así como salas da nosa comunidade e do resto do país
LURDES MEIS
Pintora de paisaxe; crea realidades con acuarelas, acrílicos fluidos e texturas. A súa inspiración é a paisaxe galega, que transforma en realidades coloristas con gran presenza da auga. Amante do abstrato, as súas obras transmiten sentimentos a través das cores. Avalada por diversas exposicións en toda a xeografía galega e resto do territorio nacional.
PIMIRA
Pintora maioritariamente figurativa e colorista, con utilización de técnica mixta con óleo e collage. Actualmente inmersa na exploración da técnica xaponesa denominada GYOTAKU (impresión de peces con tinta china) e a súa combinación con collage. Conta con diversas exposicións en toda a xeografía galega e resto do territorio nacional.
JULEBV
Acuarelista e debuxante, con predilección pola paisaxe, tanto urbana como mariña. Tras de si ten unha ampla experiencia na técnica. Este ano foi o autor do cartel de festas de Bouzas. Conta con diversas exposicións en toda a xeografía galega e resto do territorio nacional.
Do 23 de decembro de 2022 ao 8 de xaneiro de 2023, de 11:00h a 14:00h e de 17:00h a 21:00h
Máis
Hora
23 decembro, 2022 - 8 xaneiro, 2023 (Todo o día)(GMT+01:00)
Localización
Centro Comercial Camelias
Praza de América, 1, 36211 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes