CAMELIAS NADAL

20nov(nov 20)20:00'Refugallo Paintings', de Almudena Fernández FariñaARTE E MUSEOS | De balde(novembro 20) 20:00(GMT+01:00) SIRVENT. SVT Espacio de Arte

Detalles do eventos

A exposición “Refugallo Paintings” de Almudena Fernández Fariña aborda o papel do marco e da pincelada na pintura tradicional, cuestionando o seu valor simbólico e a súa función como xeradores de “aura”. Historicamente, o marco separa a obra do mundo real, dota o cadro dun valor material e convérteo en obxecto transportable e comercializable.

Nesta serie, a artista ocupa ese espazo sacralizado do marco con refugallos do proceso pictórico —restos de madeira, retallos de lenzo, brochas gastadas, raspaduras de cor—, outorgándolles protagonismo e evidenciando o que normalmente permanece oculto.

A segunda parte céntrase na pincelada ampliada e reproducida mecanicamente. Ao illala e multiplicala, perde a súa condición de xesto único e expresivo, converténdose nun signo repetido que cuestiona a idea de autenticidade. A obra formula así unha reflexión sobre os límites entre pintura, xesto, reprodución e arte múltiple.


Hora

20 novembro, 2025 20:00(GMT+01:00)

Localización

SIRVENT. SVT Espacio de Arte

Av. da Gran Vía, 129, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events