bannerConfinarte
bannerSGPL

febreiro, 2020

29feb09:30REFORESTACIÓN DO MONTE DE MATAMÁACTIVIDADES PARA O COCO | De balde09:30 Matamá

Máis

Detalles do evento

O vindeiro sábado 29 de febreiro unirán forzas para plantar árbores autóctonas e construír caixas-niño para as aves que viven no Monte de Matamá, un espazo singular con vistas ás illas Cíes. Podes inscribirte á actividade ata as 17:00 horas do 25 de febreiro. Recibirás a confirmación da túa praza a través dunha mensaxe privada no teu perfil da Comunidade Leroy Merlin.

Este evento é totalmente gratuíto, podendo acudir nenos maiores de 5 anos, só tes que inscribirte, poñer roupa cómoda e abrigada, e reunirte ás 09:30 na entrada da tenda Vigo Project (Av. de Madrid, 136) ou Compact Mos, para ir todos xuntos ao lugar da reforestación. Non te esquezas de indicar desde que tenda colles o autobús e se tes algún tipo de alerxia ou intolerancia alimentaria. Cambiar o mundo está nas túas mans!

Axenda da xornada
9:30-10:00 Traslado dos participantes ao lugar onde se realiza a acción de reforestación.
10:00-10:30 Benvida. Charla previa e explicación. Foto de grupo e repartición do material.
10:30-12:00 Grupo 1: Reforestación / Grupo 2: Taller de caixas-niño.
12:00-12:30 Descanso e pequeno xantar.
12:30-14:00 Grupo 1: Taller de caixas-niño / Grupo 2: Reforestación.
14:00-15:00 Comida tipo pícnic e regreso á tenda.

Hora

(Sádado) 09:30

Lugar

Matamá

Rúa de Manuel Cominges, 14 36213 Vigo, Pontevedra

X