CANS

09mai20:00RECONVERSIÓNesppectáculos | desde 14,00 €20:00(GMT+02:00) Sala Ártika

Detalles do eventos

IBUPROFENO TEATRO
Espectáculo de gran formato de ibuprofeno teatro, con oito actores-músicos e banda sonora en directo, que revisita con humor e memoria histórica a reconversión naval da ría de vigo a través da vida dun traballador de ASCON. O sábado 09 de maio haberá un coloquio postfunción coa compañía e o sindicalista Manuel Currás Meiras (sindicalista histórico e traballador de ASCÓN) Espectáculo premiado na XXX edición María Casares ao Mellor Espectáculo, Mellor Dirección, Mellor Texto Orixinal, Mellor Espazo Sonoro, Mellor Actor Secundario e Mellor Actriz Secundaria.

SINOPSE:
RECONVERSIÓN é un espectáculo de gran formato para público adulto, con oito actores-músicos que interpretan en directo unha potente banda sonora. A obra é un exercicio de memoria histórica arredor da reconversión do sector naval na ría de Vigo, contado con moito humor, ritmo e unha forte dimensión musical e plástica. A peza parte da figura do pai do autor e director, Santiago Cortegoso, que traballou durante trinta anos no estaleiro Ascón. A través da mirada do fillo, o espectáculo reconstrúe a peripecia vital dese home e, con el, a de toda unha xeración de obreiros que viviron o auxe da industria siderúrxica, as mobilizacións históricas dos anos 70 e 80 e, finalmente, o peche da factoría en 1984 tras a chamada “Reconversión Industrial”, que deixou máis de 2.000 persoas sen emprego. O espectáculo é unha viaxe que vai da posguerra ao “Felipismo” dos 80, pasando polo tránsito dun estilo de vida rural a unha sociedade capitalista e urbanizada. Entre o íntimo e o político, RECONVERSIÓN combina teatro, música en directo e humor ácido para falar de loita sindical, dignidade obreira, perda e resistencia, convertendo o escenario nun espazo onde a memoria persoal se transforma en memoria colectiva O sábado 09 de maio haberá un coloquio postfunción coa compañía e o sindicalista Manuel Currás Meiras (sindicalista histórico e traballador de ASCÓN)

Entradas – Anticipada: 14,00 €, En caixa 17,00 €

Hora

9 maio, 2026 20:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Ártika

Av. da Beiramar, 113, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events