CAMELIAS NADAL

23nov11:0017:30Recollida de xoguetesPEQUERRECHOS | De balde11:00 - 17:30(GMT+01:00) CCR Becerreira (Cabral)

Detalles do eventos

Eventos fin de semana no centro cultural de Cabral

O sábado teremos unha gran tarde de baile desde as 19:00 h ata as 22:00 h no noso auditorio. Contaremos co programa do Concello de Vigo Vigo cidade amiga dos maiores, cunha xornada de baile aberta a todos.

O domingo, pola mañá e pola tarde, colaboramos coa Peña Celtista Lechuzas Celeste na súa recollida de xoguetes, que serán doados á campaña Cada niño un juguete. Para participar na festa, só tes que traer un xoguete ao que queiras darlle unha segunda vida. Haberá inchables, xogos, obradoiros, sorpresas e moita diversión. De 11:00 a 14:30h e de 15:30h a 17:30h.

Pola tarde, a partir das 18:00 h, celebraremos un encontro folclórico coa Banda de Gaitas Cotogrande, o grupo de pandeiretas e percusión da nosa entidade, e como convidado o Grupo de Gaitas A Seneira de Baiona.

Todos os eventos son de entrada libre.


Hora

23 novembro, 2025 11:00 - 17:30(GMT+01:00)

Localización

CCR Becerreira (Cabral)

Rúa da Becerreira, 145, 36318 Vigo, Pontevedra

Other Events