UNDERFEST

11out21:30Recital si tal... con Carlos Tresandí y J.Pablo SangiaoCONCERTOS | 8,00 €21:30(GMT+02:00) La Pecera

Detalles do eventos

A canción humorística é un xénero en si mesma, e por iso Carlos Tresandí e J. Pablo Sangiao decidiron recompilar moitas das cancións da historia da música española nas que o humor é a mensaxe principal, para pasalas polo seu filtro e convertelas nun recital no que pode que se fale máis do que se cante.
Desde Moncho Alpuente ata Pepín Tre, pasando pola Otxoa, Pablo Carbonell, Wyoming e Reverendo ou Un Pingüino en mi Ascensor, entre outros, Recital, se tal… é un entretemento musical no que o importante é botar unhas boas risas.

Cada espectáculo é distinto, os repertorios varían, non hai dous Recital, se tal… iguais porque, entre outras cousas, nin Tresandí nin Sangiao teñen xa idade para memorizar o discurso.

Este sábado 11 de outubro ás 22:00 h (apertura de portas ás 21:30 h), chegan a La Pecera dispostos a facer que o público pase unha hora e vinte minutos de música, risas e humor.
Un espectáculo de humor e entrega perpetrado polos reis do “Ringuin, ringuin”. Non o perdas.
Entrada en billeteira: 8 €

Sobre os protagonistas

Carlos Tresandí: Leva máis de 20 anos dedicado profesionalmente ao mundo da comunicación e do humor. Actualmente dirixe e presenta o programa de humor da Radio Galega Como Que Non?!, que se atopa na súa novena tempada. Ademais, ten dirixido espectáculos teatrais, galas e eventos. É guionista de televisión, presentador e speaker… Unha navalla suíza que se adapta ás circunstancias con gran facilidade.

J. Pablo Sangiao: Na actualidade presenta o podcast O Cuarto dos Ratos, que codirixe xunto con Carlos Tresandí e que conta con máis de 140 episodios e cinco tempadas en emisión. É colaborador do programa COMO QUE NON?! da Radio Galega, onde ten unha sección musical titulada Versión Sangiao, e tamén colabora no programa NO TE CORTES de Vía Radio. Ademais, é o fundador, líder e compositor de La Banda del Cuarto, que acaba de estrear varios temas de estudo nas redes sociais como adianto do que será o seu primeiro traballo discográfico.

Hora

11 outubro, 2025 21:30(GMT+02:00)

Localización

La Pecera

Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events