Detalles do eventos
Concerto: “Recital si tal… con Carlos Tresandí e J. Pablo Sangiao” o venres 20 de marzo ás 21:30 h en La Pecera (Pizarro 35). Entrada: 8 €.
Detalles do eventos
Concerto: “Recital si tal… con Carlos Tresandí e J. Pablo Sangiao” o venres 20 de marzo ás 21:30 h en La Pecera (Pizarro 35). Entrada: 8 €.
A canción humorística é un xénero en si mesmo, por iso Carlos Tresandí e J. Pablo Sangiao decidiron recompilar moitas das cancións da historia da música española nas que o humor é a mensaxe principal para pasalas polo seu filtro e convertelas nun recital no que pode que se fale máis do que se canta. Desde Moncho Alpuente ata Pepín Tre, pasando pola Otxoa, Pablo Carbonell, Wyoming e Reverendo ou Un Pingüino en mi Ascensor, entre outros, “Recital, si tal…” é un entretemento musical no que o importante é botar unhas risas.
Cada espectáculo é distinto, os repertorios varían, non hai dous “Recital, si tal…” iguais porque, entre outras cousas, nin Tresandí nin Sangiao teñen idade para memorizar o discurso.
Nese día, subirán a La Pecera dispostos a que o público pase unha hora e vinte de música, risas e humor. Trátase dun espectáculo de humor e entrega perpetrado polos reis do “Ringuin, ringuin”. Recoméndase non perdelo. Entrada en billeteira: 8 €.
Sobre os protagonistas:
Carlos Tresandí: Leva máis de 20 anos dedicado profesionalmente ao mundo da comunicación e do humor. Actualmente dirixe e presenta o programa de humor da Radio Galega “Como Que Non?!”, que se atopa na súa novena tempada. Ademais, dirixiu espectáculos teatrais, galas e eventos. É guionista de televisión, presentador e speaker, unha auténtica navalla suíza que se adapta ás circunstancias con gran facilidade.
J. Pablo Sangiao: Na actualidade presenta o podcast “El Cuarto de los Ratones”, que codirixe xunto a Carlos Tresandí, con máis de 140 episodios e cinco tempadas en emisión. É colaborador do programa “Como Que Non?!” da Radio Galega, onde ten unha sección musical titulada “Versión Sangiao”, e tamén colabora no programa “No te cortes” de Vía Radio. Ademais, é o fundador, líder e compositor de La Banda del Cuarto, que acaba de estrear varios temas de estudo nas redes sociais como adianto do que será o seu primeiro traballo discográfico.
Hora
20 marzo, 2026 21:30(GMT+01:00)
Localización
La Pecera
Rúa de Pizarro, 35, 36204 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
maio



