FAITE AMOVIDALOVER

06mar20:00Presentación proxecto: 'O Soño e o Eco a Rosalía de Castro'ESPECTÁCULOS | 10,00 €20:00(GMT+01:00) Teatro Permanente

Detalles do eventos

‘O soño e o eco a Rosalía de Castro’ é un recital poético composto por oito poemas musicados de Rosalía e por oito textos que serven de enlace. Trátase dunha viaxe a través do tempo, da memoria, da historia e da paixón.

No recital, Pablo Vila visita a Rosalía nun lugar-enclave relacionado coa súa vida e coa esencia da súa poesía. En verso, ambos dialogan sobre o poema musicado que se interpretará a continuación, e esa conversa convértese nun alento e nunha reflexión que guía a Pablo Vila na súa viaxe a través do tempo e da poesía.

Hora

6 marzo, 2026 20:00(GMT+01:00)

Localización

Teatro Permanente

Rúa Abeleira Menéndez 7, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events