Recital Gloria Fuertes

06mai12:30Recital Gloria FuertesACTIVIDADES PARA O COCO | Taquilla inversa12:30(GMT+02:00) A Morada

Detalles do eventos

“Tristemente, hoxe, cando a xente menciona o nome de Gloria Fuertes, adoita ser porque están a falar de algo que lles dá risa ou que consideran ridículo e usan a Gloria como un lugar común da broma. Están moi equivocados. Gloria é un faro aceso nunha noite pechada. Fala do amor, da guerra, da soidade, da festa, do suicidio, dos monos e as monas, do cemento, dunha foca que che guiña un ollo. Defende o amor libre, o pacifismo, o feminismo, o ecoloxismo, o surrealismo… Todo o seu é tan bonito”. Jorge de Cascante

Con este recital, Paula Pier quere darlle voz e espazo a esta muller tan impresionantemente poeta, lesbiana, feminista e profunda.
Pretende amosar a súa poesía adulta e nos conta, dunha forma breve e cariñosa, unha parte de Gloria que poucas coñecen.
Porque Gloria foi a súa inspiración vital neste mundo, ás veces tan aburrido, e ensinoulle a rir e a buscarlle a rima a cada presente.

O Sábado 6 ás 12h30 h en A Morada. Taquilla inversa.

Máis

Hora

(Sábado) 12:30(GMT+02:00)

Localización

A Morada

R. Enrique Xabier Macías, 6, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events