Detalles do eventos
A asociación cultural Évame Oroza acollerá o vindeiro 5 de marzo, ás 20:00 horas, o recital Mulleres con voz, unha proposta literaria organizada con motivo do Día Internacional
Detalles do eventos
A asociación cultural Évame Oroza acollerá o vindeiro 5 de marzo, ás 20:00 horas, o recital Mulleres con voz, unha proposta literaria organizada con motivo do Día Internacional da Muller.
O acto estará protagonizado polo colectivo Desafiando Sombras, que ofrecerá unha lectura de poemas de autoras fundamentais da literatura e do pensamento feminista, á que se sumarán tamén textos propios das integrantes do grupo. Ademais da lectura poética, o encontro terá un carácter participativo. As persoas asistentes estarán convidadas a compartir en voz alta fragmentos de textos escritos por mulleres activistas do feminismo de diferentes épocas. Para
facilitar esta participación, no propio local haberá unha selección de obras e fragmentos dispoñibles para quen desexe sumarse á lectura colectiva.
Con esta iniciativa, Évame Oroza e Desafiando Sombras propoñen un espazo de encontro arredor da palabra escrita e da memoria das voces femininas que, ao longo da historia, contribuíron a abrir camiños cara á igualdade. O recital Mulleres con voz forma parte das numerosas actividades culturais organizadas arredor do 8M e busca reivindicar, a través da literatura e da participación cidadá, o papel das mulleres na creación cultural e no movemento feminista.
Hora
5 marzo, 2026 20:00(GMT+01:00)
Localización
Asociación Cultural Évame Oroza
Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

