Recital dedicado a Santa Cecilia en Amadeus
Detalles do eventos
A escola de música Amadeus ofrece, este sábado 25 de novembro ás 18 horas, un recital dedicado a Santa Cecilia, patroa da música cuxo día
Detalles do eventos
A escola de música Amadeus ofrece, este sábado 25 de novembro ás 18 horas, un recital dedicado a Santa Cecilia, patroa da música cuxo día se festexa o 22 de novembro.
Un pequeno ensemble de cinco alumnos e ex-alumnos da escola abre, desta maneira, unha serie de encontros musicais enfocados a un público familiar que se irán celebrando ao longo do curso.
Nesta ocasión, escolleuse un repertorio formado por pezas curtas e coñecidas co fin de que nenos e maiores poidan compartir unha tarde de aprendizaxe musical e achegamento a compositores clásicos e a outros máis actuais.
A entrada é gratuíta e o aforamento está limitado a 60 persoas. O acceso á escola estará aberto ás 17:45 horas na rúa Otero Pedrayo 4.
Máis
Hora
25 novembro, 2023 18:00(GMT+01:00)
Localización
Escola de Música Amadeus
Calle Escritor Otero Pedrayo, 4, 36211 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes