
12xuñ20:30Recital de poesía 'Voz Évame'ESPECTÁCULOS | De balde20:30(GMT+02:00) Praza do Abanico
Detalles do eventos
O xoves 12 de xuño ás 20:30 horas, a Asociación Cultural Évame Oroza acollerá o recital ‘Voz Évame’, unha actividade especial que supón a culminación do obradoiro de voz que
Detalles do eventos
O xoves 12 de xuño ás 20:30 horas, a Asociación Cultural Évame Oroza acollerá o recital ‘Voz Évame’, unha actividade especial que supón a culminación do obradoiro de voz que a poeta e escritora Graciela Baquero impartiu nos últimos meses no local da entidade. Se as condicións meteorolóxicas o permiten, o acto celebrarase ao aire libre na Praza do Abanico, xusto diante da sede da asociación.
O taller desenvolveuse todos os martes entre febreiro e xuño en horario de 18:00 a 20:00 horas, centrado na voz como ferramenta creativa e expresiva, traballando a oralidade, a lectura e a interpretación poética.
Este recital, a modo de broche final, contará coa participación dos participantes no obradoiro: Ángeles Mínguez Hermida, Miguel Vigo, Patricia Rivas Gallego, Carme Pereiro-Oliveira, Xosé Duarte Rañó, Oliva Castillo e Irene Esperón. Acompañados da súa mestra Graciela.
A actividade está concibida como unha celebración do poder da palabra dita, da aprendizaxe compartida e do traballo colectivo nun espazo que promove a creación, a cultura e a participación.
Máis
Hora
12 xuño, 2025 20:30(GMT+02:00)
Localización
Praza do Abanico
Rúa San Sebastián, 12 36202 Vigo Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual