
Detalles do eventos
O xoves, día 21 de decembro, ás 20:00 horas, as poetas Oriana Méndez e María Lado ofrecerán unha lectura de poemas propios no local da
Detalles do eventos
O xoves, día 21 de decembro, ás 20:00 horas, as poetas Oriana Méndez e María Lado ofrecerán unha lectura de poemas propios no local da asociación Évame Oroza. A cita xunta a dúas poetas actuais de recoñecida traxectoria que nos convidan a escoitar, compartir e festexar para pechar un intenso ano de actividades na asociación que recorda ao poeta Carlos Oroza.
Oriana Méndez é autora dos poemarios Derradeiras conversas co Capitán Kraft (2007), Cero (2011), O que precede a caída é branco ( 2015), Interna (2020), O corazón pronúnciase extenso (2021) e Chairas sucesións (2023).
Pola súa parte, María Lado é autora dos libros de poemas A primeira visión (1997), Casa atlántica, casa cabaret (2002), Berlín (2005), Nove (2008), Amantes (2011), oso, mamá, si? (2015) e Gramo Stendhal (2020). Xunto coa actriz Iria Pinheiro asinou o poemario Uralita (2020) e acompañada de Lucía Aldao o poemario Ninguén morreu de ler poesía (2020)
Máis
Hora
21 decembro, 2023 20:00(GMT+01:00)
Localización
Asociación Cultural Évame Oroza
Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
- Mes actual