Marcos de la Fuente: Poeta vs. la Máquina

13out20:00Marcos de la Fuente: Poeta vs. la MáquinaESPECTÁCULOS |De balde20:00(GMT+02:00) CC Vialia

Detalles do eventos

Unha intelixencia artificial escoita ao poeta e responde. As súas palabras non son súas, pero aprendeu a configurar versos como el. Agora poden falarse, se el lanza unha idea ao aire, o algoritmo poderá captala, responder e continuar o diálogo nos mesmos termos. A tecnoloxía conflúe así coa poesía. Parecen mundos afastados, pero existen pontes de unión.

Isto é o pretexto de “El Poeta vs. la Máquina”, un novo espectáculo de Marcos de la Fuente, poeta e organizador do festival Kerouac, que se presenta este mércores no centro comercial Vialia. A idea nace da unión entre tres vigueses afincados en Nova York, Ismael Faro, Mariel Martínez e os propio Marcos de la Fuente. As súas profesións son moi distintas, Faro é enxeñeiro cuántico e Martínez é programadora de código. Os tres compartían terra de orixe, Galicia, e a curiosidade pola poesía e a tecnoloxía.

Consulta neste artigo toda a programación de Vialia en outubro

Máis

Hora

(Mércores) 20:00(GMT+02:00)

Localización

CC Vialia

Praza Estación, 1, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events