Realidades: prostitución e pornografía

09mar19:30Realidades: prostitución e pornografíaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde 19:30(GMT+01:00) Biblioteca EMAO

Detalles do eventos

Dentro das actividades arredor do 8 de marzo, o vindeiro 9, xoves, ás 19.30 horas, Helga Pita Romero e Amada Traba conversarán sobre as Realidades da prostitución e a pornografía na nosa sociedade actual. O acto terá lugar no salón de actos da EMAO.

Helga Pita Romero é Educadora social especializada en intervención con mulleres VTSH (Víctimas de trata de seres humanos).
É directora do Recurso residencial “Nuevos comienzos” da ONG Fiet Gratia.
Coordinadora do proxecto de detección de VTSH e atención a mulleres en contexto de prostitución e explotación sexual da ONG Fiet Gratia en Galicia.

Amada Traba é profesora da Universidade de Vigo desde o ano 1996.  Docente de Socioloxía da Educación, materia na que aplica a perspectiva de xénero. 
Desde hai 30 anos participa en numerosas actividades de formación en materia de igualdade e xénero, posgraos e outro tipo de cursos (actualmente o de Canteira de Igualdade promovido pola Deputación de Pontevedra), elabora materiais didácticos, participa en investigacións (recentemente a análise con perspectiva de xénero da producción audiovisual de ficción en Galicia 2020). Realizou diagnoses de situación da igualdade en concellos e na propia Universidade de Vigo, elaborando posteriormente plans de igualdade. Autora, xunto con Chis Oliveira, do libro Ám@me.

O xoves 9 ás 19:30 horas na EMAO. Entrada libre ata completar aforo.

Máis