GFFF

Realidade virtual no fondo da ría

08xuñ18:00Realidade virtual no fondo da ríaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde18:00

Detalles do eventos

Sabias que a ciencia tamén se fai baixo a auga? En Ciencia Mergullada convídante a mergullar xunto ás investigadoras e técnicos do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC (IIM-CSIC) para descubrir ás investigacións que realizan, tamén, dende o fondo da nosa ría.

Grazas á participación da sociedade cooperativa 13GRADOS e a Manuel García Blanco, da Unidade de Monitorización e Observación do Medio Mariño (UMO), o evento contará con imaxes reais dos mergullos dos equipos de investigación deste centro científico de Bouzas. Ademais, as persoas asistentes poderán participar nunha visita guiada polos fondos mariños grazas ao emprego de lentes de realidade virtual coas que poderán visualizar en 360º o foco das investigacións do IIM-CSIC.

O evento comezará ás 18h cunha introdución na que o persoal científico e técnico do IIM-CSIC nos contará, de primeira man, como é traballar a varios metros baixo a superficie da ría de Vigo. Posteriormente, por quendas, as persoas asistentes poderán realizar a visita guiada virtual e gozar cunha visita, de balde, a parte da colección do Museo do Mar de Galicia en Vigo.

Entradas gratuítas previa reserva. Só para maiores de 14 anos.

Máis