VIALIA
bannerPicnicSesions

Real Filharmonía de Galicia

10mar20:00Real Filharmonía de GaliciaCONCERTOS | Desde 6,30€20:00(GMT+01:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

Afundación, a Obra Social de ABANCA, continúa a súa Tempada de Música Clásica, organizada en colaboración coa Sociedade Filarmónica de Vigo no Teatro Afundación de Vigo. O terceiro recital protagonízao a Real Filharmonía de Galicia mañá venres, 10 de xaneiro, ás 20.00 h, con dirección de Marc-Leroy Calatayud e coa soprano Natalia Labourdette, gañadora do concurso de canto da Asociación de Amigos da Ópera de Santiago de Compostela 2021. O repertorio inclúe ‘Ludus pro pratia, la nuit et l’amour’, de Augusta Holmès, ‘Sieben frühe Lieder’de Alban Berg, e a ‘Sinfonía número 3 en fa maior op. 90’, de Johannes Brahms.

Esta tempada está enmarcada no programa solidario’Cultura por alimentos’, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos (FESBAL), que convida as persoas asistentes ás funcións para colaborar con esta campaña, depositando produtos non perecedoiros á entrada do teatro. Así mesmo, en liña coa promoción social da cultura, Afundación ofrece ás persoas menores de 35 anos as entradas a 5 euros media hora antes do comezo do concerto.

Venres 10 ás 20h no Teatro Afundación.

Entradas á venta.

Máis

Hora

(Venres) 20:00(GMT+01:00)