CAMELIAS NADAL

12nov20:00Real Filharmonia de GaliciaCONCERTOS | Desde 13,00 €20:00(GMT+01:00) Teatro Afundación

Detalles do eventos

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) preséntase no Teatro Afundación o vindeiro mércores 12 de novembro nun concerto con dúas estreas: a da Cometa encargada a Leticia Goás (A Coruña, 1999), e a da obra Clara, da compositora mexicana Gabriela Ortiz. A peza está dedicada á pianista e compositora Clara Schumann (1819 – 1896), unha das grandes concertistas do seu tempo e esposa do tamén músico Robert Schumann (1810 – 1856) na difusión de cuxa obra desempeñou un papel fundamental. O concerto, no que levará a batuta o director titular de Real Filharmonía de Galicia, Waldur Brönnimann, forma parte da Tempada de Abonos de Clásica da Obra Social de ABANCA en Vigo. As persoas que non dispoñen de abono a prezo reducido poden conseguir entradas para o concerto en Ataquilla.com.

A familia Schumann

No concerto, que leva por título A familia Schumann, a RFG fará dialogar as composicións de Leticia Goás e de Gabriela Ortiz coa Sinfonía núm. 3 en Mi bemol mayor, Op. 97 Renana de Robert Schumann. Dende a RFG sinalan que a peza creada por Ortiz, Clara, «é unha obra en cinco movementos que evoca momentos da súa intensa relación con Robert Schumann». Trátase do mesmo número de movementos que ten tamén a Sinfonía núm. 3, que pecha o programa e que «Schumann compuxo», explican dende a Real Filharmonía, «evocando a viaxe que realizaron o matrimonio e os seus sete fillos pola Renania, acompañándoo no seu novo cargo como mestre de capela en Düsseldorf. Todos os estados de ánimo polos que transitou nese período están presentes nesta partitura».

Pianista e compositora, Clara Wieck, polo seu apelido previo ao matrimonio, foi durante moito tempo o sostén económico da familia. Coma concertista, tocaba nos principais escenarios de Europa. Só co violinista húngaro Joseph Joachim, considerado un dos máis importantes da historia, tocou en preto de 240 concertos en Alemaña e Inglaterra.

A cometa de Leticia Goás

As pezas dos Schumann soarán despois da estrea da Cometa de Leticia Goás que inaugura o concerto. A compositora coruñesa, radicada en Zürich (Suiza) e con obra estreada en Alemaña, España e o país helvético, é un dos novos talentos da composición en Europa. Colabora tamén habitualmente con videoxogos, películas, ou con proxectos relacionados con música electrónica e danza contemporánea. A de Leticia Goás é unha das 16 cometas encargadas pola Real Filharmonía de Galicia (RFG) para conmemorar o seu trixésimo aniversario, que se cumpre en 2026. Son, as cometas conmemorativas da RFG, breves obras sinfónicas, de ata 5 minutos de duración. 8 delas están asinadas por autoras e autores de Galicia; as outras 8 compuxéronas profesionais do resto de España.

Entradas

Hora

12 novembro, 2025 20:00(GMT+01:00)

Localización

Teatro Afundación

Rúa Policarpo Sanz, 13, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events