Real Filharmonía de Galicia
08nov20:00Real Filharmonía de GaliciaCONCERTOS | Desde 13,00€20:00(GMT+01:00) Teatro Afundación
Detalles do eventos
Unha noite de música romántica coa Real Filharmonía de Galicia (RFG), que estrea mundialmente en Vigo a nova creación dunha das compositoras máis importantes de
Detalles do eventos
Unha noite de música romántica coa Real Filharmonía de Galicia (RFG), que estrea mundialmente en Vigo a nova creación dunha das compositoras máis importantes de España na actualidade, Raquel García-Tomás, nunha sesión musical na que a orquestra compostelá tamén interpretará a Sinfonía núm. 4 en mi bemol maior de Anton Bruckner. Esa é a proposta do Teatro Afundación e a RFG para este venres, 8 de novembro. De Raquel García-Tomás, Premio Nacional de Música en 2020 e segunda muller na historia que estreou unha ópera no Gran Teatre do Liceu de Barcelona, presentarase mundialmente a obra Ceci n’est pas une valse.
As últimas entradas dispoñibles para o concerto poden obterse en Ataquilla.com.
Máis
Hora
8 novembro, 2024 20:00(GMT+01:00)
Hoxe móvese
Séguenos nas redes