Rastro de rúa
17out11:0020:00Rastro de rúaFESTIVAIS E FEIRAS | De balde11:00 - 20:00 Paseo Alfonso XII
Detalles do eventos
A Asociación Barrio Alto do Casco Vello de Vigo está de volta. Despois dun obrigado descanso, paseniño volven a esta nova normalidade desexando que sexa o máis parecida
Detalles do eventos
A Asociación Barrio Alto do Casco Vello de Vigo está de volta. Despois dun obrigado descanso, paseniño volven a esta nova normalidade desexando que sexa o máis parecida posible á vella.
Voltar é necesario e, agora, o lema que constitúe o piar fundamental da súa asociación, tórnase máis relevante que nunca: FACENDO BARRIO.
Así pois, o sábado 17 van celebrar un rastro coa colaboraicón veciñal. Quen non botou conta das cousas que non usa durante o longo tempo na casa? E como nesas caemos todos, semella un momento oportuno para baleirármonos de todo aquilo que non precisamos porque, quizáis, outras persoas si o precisen.
Se queres colaborar con eles no rastro, ben sexa donando artigos, participando co teu propio posto ou ben axudando coas ventas ou a organización, ponte en contacto con eles no email cascovelloalto@gmail.com
Outra maneira de axudar é acudindo ao Paseo de Alfonso a mercar artigos que os demáis non precisan e que a ti poden facerche un bo apaño. ANÍMATE A FACER BARRIO!

Máis
Hora
(Sábado) 11:00 - 20:00
Localización
Paseo Alfonso XII
Paseo de Alfonso XII, 3, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes