ENCORDASS

24mai21:00RAPOSACONCERTOS | Desde 8,00 €21:00(GMT+02:00) Sala Kominsky

Detalles do eventos

Unha incorrecta, e porén popular, interpretación etimolóxica do termo “amor” suxire a súa procedencia da unión das voces latinas “a”, traducida coma a preposición sen, e “mor”, contracción de “mortem”, doadamente trasladable a nosa lingua coma “morte”, revelando a palabra amor coma ausencia de morte ou, tal vez, eternidade.

O primeiro lanzamento discográfico do dúo Raposa rinde tributo a esta emoción temeraria que faculta ós nosos corazóns para encarar á morte e abrazar a eternidade. Un amor en todas as súas dimensións e rostros, amor fraternal, altruista, romántico, familiar… amor os demais e amor a nós mesmos.

Rumores de música tradicional, folclore, diálogos entre sonoridades latinoamericanas, lusas, gregas, a espontaneidade jazz, a sensibilidade do clásico, a estampa na memoria impresionista, a inmediatez do pop… Un Amor é toda unha viaxe chea de delicadeza e absoluta sumisión á melodía.

Este primeiro concerto presentación de Un Amor conta co fermoso violín de Elena Vázquez e as maravillosas percusións de Carlos Castro que elevan as pezas ata un océano de cores.

ENTRADAS AQUÍ

Máis

Hora

24 maio, 2025 21:00(GMT+02:00)

Localización

Sala Kominsky

Rúa dos Irmandiños, 3, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events