decembro, 2019

28dec19:00Ranchos de ReisAS NOSAS FESTAS | De balde19:00 Mercado de Teis

Máis

Detalles do evento

Danzas con arcos, cintas e paus que, como manda a tradición, se bailan nesta época.

Os Ranchos de Reis son unha tradición galega centenaria moi común nestas datas de Nadal. En Vigo hai imaxes do Rancho do Casco Vello na década dos 50, e tiveron continuidade ata aproximadamente os 70. A partir de aí, só algunhas familias decidían saír ás rúas os días de Noiteboa, Aninovo ou Reis a cantar panxoliñas, danzar e pedir o aguinaldo.

A Asociación Veciñal do Casco Vello recuperou esta celebración fai 17 anos e ata agora a recepción está a ser moi positiva. Ademais dos Ranchos, desde novembro organizan uns obradoiros para todo aquel que se queira unir, tanto para tocar como para bailar.

Lugar: Progreso, Teis e O Calvario
Horas: 12.00, 17.30 e 19.00, respectivamente

Hora

(Sádado) 19:00

Lugar

Mercado de Teis

Mercado, 36207 Vigo, Pontevedra

X