VIALIA
bannerPicnicSesions

Rampa de Nadal

11dec(dec 11)17:0016xan(xan 16)01:00Rampa de NadalAS NOSAS FESTAS | 5,00 €(decembro 11) 17:00 - (xaneiro 16) 01:00(GMT+01:00) Xardíns Eugenio González de Haz

Detalles do eventos

Onte, sábado 11, inaugurouse por fin unha das atraccións máis esperadas do Nadal vigués: A gran rampa deslizante situada nos xardíns Eugenio González de Haz. A rampa está cuberta de neve artificial e conta cunhas dimensións de 12 metros de alto, 23 de ancho e 50 de longo. Os atrevidos que queiran probar esta nova atracción do Nadal vigués irán montados nun flotador xigante en forma de donut e a entrada dará dereito a dúas baixadas. A apertura da atracción viuse restrasada porque a empresa concesionaria sufriu falta de suministro de materias que lle impediu rematar antes a montaxe. Esta nova atracción situada na contorna do Areal estará dispoñible ata o 15 de xaneiro e cada entrada ten un prezo de 5€.

Horarios:

Luns a xoves: 17.00 a 23.00
Venres, sábados, domingos, festivos e véspera de festivo: 17.00 a 01.00 h 

Máis

Hora

Decembro 11 (Sábado) 17:00 - Xaneiro 16 (Domingo) 01:00(GMT+01:00)

Localización

Xardíns Eugenio González de Haz

Rúa do Areal, 22, 36201 Vigo, Pontevedra

Other Events