FAITE AMOVIDALOVER

13feb18:00Ramona Órbita, a dona do tempopequerrechos | de balde18:00(GMT+01:00) C.C. Gran Vía

Detalles do eventos

O vindeiro venres 13 de febreiro, ás 18.00 horas, a Planta 2 do Centro Comercial Gran Vía acollerá o espectáculo infantil Ramona Órbita, a dona do tempo, da man de Pakolas e Laura Romero.

Trátase dun show rockeiro, dinámico e participativo, baseado no libro-disco homónimo editado por Sonárbore (Editorial Galaxia), no que música, ilustración e humor se combinan para contar a historia de Ramona Órbita, unha inventora galega da Serra do Courel que posúe unha incrible máquina do tempo. Grazas a ela, Ramona viaxa ao pasado e ao futuro na procura de ideas e tecnoloxías para construír un mundo mellor, máis ecolóxico e sostible.

Ao longo do espectáculo, o público percorrerá diferentes épocas históricas e coñecerá personaxes tan singulares como cavernícolas, faraóns ou xenios do Renacemento, nunha proposta que conecta tanto co público infantil como co adulto.

Ademais de ser unha actividade lúdica, Ramona Órbita, a dona do tempo destaca polo seu carácter educativo, xa que pon en valor a ciencia, a creatividade e o respecto polo medio ambiente, e racha cos estereotipos de xénero, todo cunha linguaxe próxima e un estilo rockeiro que entusiasma aos máis pequenos.

Como parte da celebración, os nenos e nenas das familias pertencentes ao Club dos Disfrutóns que acudan disfrazados recibirán un agasallo, ata esgotar existencias.

Así mesmo, Gran Vía de Vigo porá en marcha un sorteo nas redes sociais do libro Ramona Órbita, a dona do tempo. Do 5 ao 15 de febreiro, sortearanse 3 unidades en Instagram e 3 en Facebook. Para participar, as persoas usuarias deberán seguir as redes sociais do centro, dar “gústame” á publicación do sorteo e mencionar a unha persoa amiga.

Con esta iniciativa, o Centro Comercial Gran Vía de Vigo reforza a súa aposta por ofrecer plans culturais e de lecer familiar, converténdose nun punto de encontro onde aprender, divertirse e compartir experiencias en datas tan sinaladas como o Entroido.

Hora

13 febreiro, 2026 18:00(GMT+01:00)

Localización

C.C. Gran Vía

Rúa do Miradoiro, 2, 36210 Vigo, Pontevedra

Other Events