BIBOPALULA

27nov17:00RAFAEL BAIXERAS. UNHA REVISIÓNARTE E MUSEOS | De balde17:00(GMT+01:00) MARCO

Detalles do eventos

O vindeiro 25 de novembro cúmprense 34 anos do pasamento de Rafael Rodríguez Baixeras (A Pobra do Caramiñal, 19 de novembro de 1947 – Segovia, 25 de novembro de 1989), un dos pintores máis respectados polos artistas de Atlántica. A súa obra conta con varias monografías (Jesús Mazanegos, 2002) e foi valorada en mostras retrospectivas en espazos como o Centro Cultural Caixavigo (1993), o Kiosco Alfonso (A Coruña, 1993), o Centro Galego de Arte Contemporánea (Santiago, 1999), o Museo Esteban Vicente (Segovia, 2000) ou o Museo Español de Arte Contemporáneo (Madrid, 2000).

Esta xornada repasa o conxunto da súa obra deténdose en distintos momentos, confronta a súa pintura coa doutros creadores, formula o seu posible ideario estético e apunta formas de reivindicar a súa importancia.

17:00 horas
Presentación

17:15 horas
Miguel Fernández-Cid, director do MARCO e comisario de mostras sobre Baixeras

18:00 horas
Xavier Seoane, poeta, crítico de arte e comisario de exposicións

18:45 horas
Pausa

19:00 horas
Xavier Rodríguez Baixeras, poeta, tradutor e irmán de Rafael

19:30 horas
Mesa redonda
Miguel Fernández-Cid
Xavier Seoane
Xabier Rodríguez Baixeras
Teresa Fernández
, viúva de Baixeras e testamenteira da súa obra

20:15 horas
Peche da xornada

Máis

Hora

27 novembro, 2023 17:00(GMT+01:00)

Localización

MARCO

Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events