
Rafa Maza en 'Fabiolo Connection'
14xan21:00Rafa Maza en 'Fabiolo Connection'ESPECTÁCULOS | Desde 13,20€21:00
Detalles do eventos
O teu rico preferido descubrirá o sentido da vida e das prospeccións petrolíferas en boca de sultáns, califas, xeques, bereberes, sátrapas, imáns, chambelanes, pachás, reis eméritos ou coñecidas
Detalles do eventos
O teu rico preferido descubrirá o sentido da vida e das prospeccións petrolíferas en boca de sultáns, califas, xeques, bereberes, sátrapas, imáns, chambelanes, pachás, reis eméritos ou coñecidas estrelas do mundo da cultura e o espectáculo nun ambiente de mil e unha noites.
No medio desta atmosfera arenosa de sensualidade e deleite, Fabiolo descifrará o futuro que nos agarda, ademais, de facer o seu consabido repaso á máis candente actualidade co estilo fresco e irreverente ao que nos ten afeitos. Para iso o noso heroe da raqueta contará, a parte do seu revés e do seu Visa de diamantes, cun poderoso aliado tecnolóxico, agasallo do xeque: unhas lentes de realidade virtual ‘fabiolosas’. Porque Fabiolo quere ensinarnos que hai dúas visións da vida: unha ordinaria e vulgar, e outra máis cool e elegante. Cal é a túa?
Non vos perdades estes 80 minutos das situacións máis tronchantes…Show imperdible!!!
Venres 14 de xaneiro ás 21:00h no Teatro Salesianos. Entradas á venda a través da web www.woutick.es
Máis
Hora
(Venres) 21:00
Localización
Teatro Salesianos
Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo, Pontevedra