
RAFA MAZA EN 'FABIOLO CONNECTION'
Detalles do eventos
O Teatro Salesianos acolle a Rafa Maza en Fabiolo Connection. O imitador, coñecido pola súa intervención en programas como El Intermedio, presenta un espectáculo de humor onde a
Detalles do eventos
O Teatro Salesianos acolle a Rafa Maza en Fabiolo Connection. O imitador, coñecido pola súa intervención en programas como El Intermedio, presenta un espectáculo de humor onde a súa personaxe, Fabiolo, ten todo o protagonismo.
SINOPSE:
Fabiolo, o señorito máis irreverente dos cinco continentes, é contratado para dar clases de tenis á filla do xeque dun poderoso emirato árabe. Sometido por unha atmosfera de mil e unha noites, o noso señorito preferido descubrirá o misterio dos algoritmos, hackers que se fan pasar por xeques e aquilo que se esconde detrás dun mundo tecnolóxico que nos obriga a estar conectados a unha dobre realidade. Estás farto de ser un loser? Ten sentido aspirar a ser un winner ou ao final só nos queda ser losers de cores no pozo dun big data? A que esperas entón para facer a túa propia travesía polo deserto? Fabiolo espérate coa súa raqueta, só necesita as túas pelotas (de tenis). Conéctate e déixate orientar cara o futuro máis tecnofashion, porque futuro e oriente sempre estiveron próximos.
Máis
Hora
16 marzo, 2025 18:30(GMT+01:00)
Localización
Teatro Salesianos
Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualmarzo
- Mes actual