REVISTA ABRIL

Radiocrimen

22abr21:00RadiocrimenCONCERTOS | Desde 10,00€21:00(GMT+02:00) La Fábrica de Chocolate

Detalles do eventos

O sábado 22 ás 21:00h actúa Radiocrimen, un grupo formado en orixe por Luís «Punk» (Punk Guerrilla), Txarly «Usher» (Los Carniceros del Norte), Dani «El Mudo» (El Paso Killers), Iñaki «Gato» (Deskonzierto) e Javi «Puñais» (Rat-Zinger), recoñecidos músicos da escena punk bilbaina. O son do grupo é rápido e cortante, con melodías e retrousos que custa deixar de tararear; receita que todos coñecemos da vella escola vasca, herdeira directa do “Shock Troops” de Cock Sparrer e dos primeiros discos de Cockney Rejects ou Peter & Test Tube Babies, pero coa consistencia que lle dan producións mais contemporáneas como as que gozaron grupos californianos dos 90 como Rancid e Nofx.

A pesar da multitude de grupos existentes dentro do punk, Radiocrimen soubo crear un son propio que os diferenza do resto. Neste caso aquilo de que unha banda ensina todo o seu potencial sobre as táboas non é unha frase feita: é unha realidade incontestable.

Entradas

Máis