abril, 2018

05abr20:30RACLETTETEATRO | Desde 6,30€ 20:30 Teatro Afundación

Máis

Detalles do evento

Raclette inaugura unha nova xeira de Ibuprofeno Teatro, na que asume producións dun formato superior con elencos máis numerosos, caracterizadas polo rigor na posta en escena, no traballo interpretativo e na concepción dos textos e dos procesos de creación, baseados na obra dramatúrxica de Santiago Cortegoso.

Así pues, Ibuprofeno quiere profundizar en la línea de la creación propia y original, seguindo na procura dunha linguaxe persoal e recoñecible para falar dos temas claves que lle afectan ao ser humano contemporáneo, a través de personaxes que buscan a súa identidade individual nun contexto social globalizado e complexo que non conseguen controlar, o que os leva a situacións absurdas e cargadas dun humor acedo e sarcástico.

Duración: 75 min
Edades: maiores 15 anos

REPARTO:
Toni Salgado
Deborah Vukusic
Marián Bañobre
Iria Sobrado
Salvador del Río

FICHA ARTÍSTICA
Texto e dirección: Santiago Cortegoso
Espazo escénico e imaxe: Diego Seixo
Iluminación: Salvador del Río
Vestiario: Marián Bañobre
Maquillaxe e peiteado: Trini F. Silva
Son: Quito
Vídeo: José V. Estonllo
Cobertura Técnica: Ningures Produción
Axudante de dirección: Rubén Pérez
Produción e distribución: Ibuprofeno Teatro

A raclette é unha forma de comer en comunidade inventada polos pastores suízos que, para escorrentar o frío e a soidade da montaña, se reunían ao redor dunha pedra quente no lume para ir cociñando sobre ela queixo, carne e verduras. Esta raclette urbana e contemporánea une, durante unha cea, dúas tramas que aparentemente non teñen relación, pero que se entrelazan para acabar contando unha historia terrible que trata temas universais como a morte, a parella, a maternidade, a cobiza, a culpa e a violencia.

Os cinco personaxes, interpretados por Toni Salgado, Deborah Vukusic, Marián Bañobre, Iria Sobrado e Salvador del Río, conforman un complexo mosaico humano: un choque entre visións do mundo que se volven incompatibles pero han de convivir a pesar das diferenzas. Son cinco persoas que están a pasar por momentos cruciais nas súas vidas, momentos de cambios, de inestabilidade, marcados por acontecementos que deixarán pegada para o resto da súa existencia. Son cinco universos que reflicten as contradicións dunha sociedade enferma que devora aos seus integrantes.

O realismo é a base da posta en escena e do traballo interpretativo desta produción. Os actores e actrices cociñan e comen comida real, diante do público, que apreciará o transcurso da cea non só coa vista e o oído, senón tamén co olfacto. Os espectadores estarán no patio de butacas, pero tamén nunhas pequenas bancadas situadas no escenario, rodeando completamente a mesa na que están os actores, o que reforza a sensación de que están a descubrir a súa intimidade.

Hora

(Xoves) 20:30

Lugar

Teatro Afundación

Policarpo Sanz ,13 36202

X