VIALIA
bannerPicnicSesions

Quinteto Caire

06ago20:0020:30Quinteto CaireCONCERTOS| De balde20:00 - 20:30(GMT+02:00) Museo Marco

Detalles do eventos

CAIRE é un quinteto de instrumentos de cana integrado por músicos de diferentes puntos da xeografía española. Nace nos Países Baixos coa motivación de compartir as súas experiencias e contar unha historia a través da música, e co obxectivo de ofrecer unha proposta artística de calidade, divulgando e achegando a música clásica a novas audiencias.

Trátase dunha inusual formación musical que achega unha sonoridade novidosa e impactante. A combinación de diferentes instrumentos de cana —clarinete, óboe, fagot, clarinete baixo e saxofón— permite dar a coñecer con liberdade interpretativa a música de Bach, As Hébridas de Mendelssohn, ou o máis delicado Debussy.

O Quinteto Caire ofrece varios formatos de concerto, en función das posibilidades de cada espazo e públicos, proporcionando unha actuación única que nos transporta nunha viaxe a través de diferentes períodos e estilos musicais.

No caso do MARCO, o concerto está concibido como actividade complementaria da mostra de Din Matamoro: unha experiencia que fusiona música e pintura nas propias salas de exposición, cun repertorio de obras de Pietro LocatelliClaude Debussy e Isaac Albéniz, en dous pases sucesivos de 30 minutos.

HORARIO:

Primeiro pase: de 20.00 a 20.30 horas.

Segundo pase: de 21.00 a 21.30 horas.

Máis

Hora

(Venres) 20:00 - 20:30(GMT+02:00)