CAMELIAS NADAL

22out(out 22)10:0011xan(xan 11)20:00Quino na músicaARTE E MUSEOS | De balde(outubro 22) 10:00 - (xaneiro 11) 20:00(GMT+02:00) Museo do Mar

Detalles do eventos

A mostra Quino na música, que reúne máis de cen debuxos orixinais explora a relación entre o humor de Quino e a música, pode verse no Museo do Mar de Galicia ata o 11 de xaneiro con entrada de balde.

Quino na música é a exposición máis importante de orixinais do célebre viñetista arxentino realizada ata o de agora en todo o mundo. A través de máis de cen debuxos en branco e negro, a mostra amosa como a música, desde o tango ata o rock, pasando pola clásica e o pop, atravesa toda a traxectoria creativa de Joaquín Salvador Lavado, Quino, autor de Mafalda e un dos viñetistas máis importantes do último século.

Comisariada pola xornalista e investigadora Judith Gociol, autora de obras como Universo Mafalda ou Humor gráfico en Argentina, e polo músico Guillermo Lavado, sobriño do artista e inspiración do personaxe de Guille, a exposición chega a Vigo despois de debutar en Mallorca e pasar pola Coruña. Estará aberta ao público no Museo do Mar ata o 11 de xaneiro, con entrada da balde.

A exposición está estruturada en varias seccións temáticas que permiten trazar un percorrido pola obra de Quino. Nun primeiro ámbito, destaca o humor e a musicalidade dos seus personaxes, como Mafalda ou Guille, que expresan gustos e conflitos xeracionais a través da música. Outras áreas recollen referencias a partituras, instrumentos ou letras de cancións que Quino emprega para dialogar co contexto cultural e político da Arxentina e do mundo.

Entre as pezas máis destacadas atópanse páxinas orixinais nas que Mafalda reflexiona sobre o mundo mentres escoita discos de vinilo. Tamén atopamos fotografías de Quino tanto en Arxentina como en España, país de procedencia dos seus pais e no que se nacionalizaou para fuxir da ditadura arxentina. Ademais inclúe un pequeno teaser de Quinografía, o documental sobre o artista que está dispoñible na plataforma Filmin.

Horario de Inverno (16 setembro – 20 xuño)
Día Horario
Luns 1 Pechado
Martes a venres 10-14 e 16 a 19
Sábados, domingos e festivos 11-14 e 17-20

Hora

22 outubro, 2025 10:00 - 11 xaneiro, 2026 20:00(GMT+02:00)

Localización

Museo do Mar

Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events