18xuñ17:00Entre tema e tema: QueridoCONCERTOS | De balde 17:00(GMT+02:00) Teatro Salesianos
Detalles do eventos
A banda viguesa Querido será a encargada de pechar a tempada actual do podcast Entre Tema e Tema cun encontro especial no que combinarán conversa e música en
Detalles do eventos
A banda viguesa Querido será a encargada de pechar a tempada actual do podcast Entre Tema e Tema cun encontro especial no que combinarán conversa e música en directo. O grupo presentará o seu último traballo discográfico e adiantará detalles da súa próxima xira, nun formato que incluirá tamén un pequeno showcase acústico con algunhas das súas cancións máis coñecidas. A entrada será libre ata completar aforo.
Formada en Vigo en 2022, Querido está liderada por Andrés Ferreiro xunto a Antón Vigara, Roque Ben e Raúl Fernández, e desenvolveu unha proposta de pop-rock alternativo con influencias que van desde Radiohead ou Arctic Monkeys ata a escena indie estatal. Nos seus temas mesturan melodías envolventes e letras de carácter introspectivo, consolidándose como unha das bandas emerxentes máis destacadas do panorama galego actual.
Hora
18 xuño, 2026 17:00(GMT+02:00)
Localización
Teatro Salesianos
Rúa de Venezuela, 3, 36203 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xullo


