Detalles do eventos
Este sábado 8 de novembro, ás 12 horas, a asociación feminista As Silveiras organiza unha charla-debate co título ‘Quen teme os datos? Charla-debate sobre o informe Unha pandemia
Detalles do eventos
Este sábado 8 de novembro, ás 12 horas, a asociación feminista As Silveiras organiza unha charla-debate co título ‘Quen teme os datos? Charla-debate sobre o informe Unha pandemia invisibilizada: nenas que non queren ser mulleres’. O informe será presentado por unha representante do Observatorio Feminista Galego, a entidade que o elaborou.
O informe é o resultado da investigación dos datos proporcionados pola Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia sobre persoas diagnosticadas co transtorno comunmente coñecido como “disforia de xénero”. Este transtorno mental consiste
nun malestar psicolóxico produto da disconformidade e rexeitamento das características sexuais, e do desexo inalcanzable de adquirir as do sexo oposto. Os resultados do informe, que coinciden cos de informes homólogos realizados noutros territorios, sinalan que este transtorno sufriu un aumento exponencial nos últimos anos e que afecta principalmente a nenas e adolescentes.
A entrada é libre.
Hora
8 novembro, 2025 12:00(GMT+01:00)
Localización
Casa Galega da Cultura
Casa Galega da Cultura 36202 Vigo Pontevedra



